FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

A Banda de Rabade-Begonte-Outeiro de Rei, da Asociación Músico Crisanto, adica un concerto ó labor realizado por AFALU

A actuación contou con media ducia de cantantes que ofreceron diversos temas e buscou ser un desafogo musical e crear un ambiente de esperanza

23/11/2020 | Lugo

A Banda de Rábade-Begonte-Outeiro de Rei, da Asociación Músico Crisanto, realizou o pasado 21 de novembro un concerto na praza de San Marcos de Lugo, diante da Deputación Provincial, adicado a AFALU. Esta actualicón, que foi gravada e que será difundida polas redes sociais, funcionou como un desafogo musical e como unha declación vital contra a pandemia, xa que busca contribuir a crear un ambiente musical e de esperanza diante da situación socio-sanitaria actual.

Nesta actuación, a Banda dirixida por Armando Morales contou con diversos solistas convidados (media ducia de cantantes) que interviñeron para ofrecer diversos temas.  Entre eles atopábase o cantante chairego Adrián Vigo, que interpretou “Un mundo maravilloso” en sintonía cunha iniciativa xurdida na Manga do Mar Menor en defensa do extraordinario valor natural daquel enclave do sudeste hispano.

Ademais, a actuación funcionou como un recoñecemento ao labor de AFALU, a Asociación Lucense de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias Neurodexenerativas, polo seu extraordinario traballo a prol das persoas que o sofren e das súas familias.

 

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU