FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFABER recibe unha donación de 7.000 euros por parte da entidade financiera CaixaBank

A contía irá destinada a facilitar medios de adaptación e prevención para facer fronte á COVID-19

09/12/2020 | Carballo

A entidade financeira Caixabank, a través da súa directora Ana Mourelle Vázquez, entregou á asociación de familiares de persoas con alzhéimer da comarca de Bergantiños 7.000 euros para o mantemento da actividade da entidade. Á firma da doazón asistiu o presidente, Jesús Villar.

Desde Afaber agradecen a Caixabank e a a súa directora, Ana Mourelle Vázquez, o apoio continuado durante todo este tempo e destacan que "a colaboración de CaixaBank coa nosa entidade, todos estes anos, dános oxíxeno para seguir mantenendo a atención ás familias e persoas cunha demencia".

A contía irá destinada a facilitar medios de adaptación e prevención para facer fronte a la COVID19. Estas axudas, destacan desde la asociación Afaber, son fundamentais para asegurar o acceso a tratamentos e terapias a través de espazos seguros, específicos e de proximidade.

Para as persoas interesadas en ampliar información sobre os programas e servizos que leva a cabo Afaber poden facelo presencialmente na sede da asociación: rúa Camelias, 2 – baixo (en horario de atención á poboación xeral de 13:00 a 14:00) ou nos teléfonos: 981 758 545/ 625 980 691, así como a través do correo electrónico: afaber@xestion.net

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER