FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

Aberto o prazo para solicitar o Programa de Estimulación en Domicilio para persoas con demencia de AFACO

Este programa, que se iniciará o vindeiro 4 de xaneiro, permite realizar unha intervención tanto física como cognitiva e facer un seguimento da enfermidade

16/12/2020 | A Coruña

Afaco veñen de abrir o prazo de solicitude do Programa de Estimulación en Domicilio para persoas con demencia coa finalidade de ofertar este servizo de estimulación ás persoas que non pudieron incorporarse aos centros.

Afaco foi unha entidade pioneira na aplicación de Tratamentos Non Farmacolóxicos a persoas con demencia, desenvolvendo Terapias de Estimulación dende o ano 2000. Neste último ano e durante o confinamento, cando non era posible a asistencia aos centros, fixéronlles chegar periódicamente diferentes recursos e actividades ás súas persoas usuarias para tratar de cubrir a carencia ocasionada polo peche. Agora buscan chegar a todas aquelas persoas que non pudieron incorporarse aos centros.

O primeiro paso do Programa de Estimulación para persoas con demencia consiste en que unha das persoas técnicas do Equipo de Afaco acudirá ao domicilio da persoa con demencia para realizar unha valoración cognitiva, física e funcional do seu estado. En base a esto, elaborará un informe cos datos recollidos na valoración e prantexará un Plan Individual de Atención para traballar. A partir de aí, a persoa técnica acudirá a realizar a estimulación os días acordados e proporcionará un asesoramento global ás familias, ademais de levar a cabo unha avaliación periódica do plan trazado.

Deste xeito, o Programa de Estimulación Cognitiva permite realizar unha intervención tanto física como cognitiva (ralentizando o proceso da enfermidade), avaliar periódicamente o estado da persoa afectada, levando un control evolutivo, e asesorar de forma integral á familia.

A posta en marcha será o luns 4 de xaneiro de 2021 e o coste do servizo dependerá da periodicidade que se estableza. Para solicitar información sobre este servicio e para inscribirse no mesmo, poden poñerse en contacto a través dos seus números de teléfono (981 205 858 e 604 029 927) ou no correo contacto@afaco.es.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFACO