FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFAPO recibe corazóns solidarios como agradecemento pola súa labor durante a pandemia

A organización Corazones con Bata leva repartidos máis de 16000 corazóns para proxectar esperanza e positividade a profesionais que están en primera liña da batalla contra a Covid19.

13/01/2021 | Pontevedra

A principios de xaneiro, e para coller con forza este 2021, a nosa asociación AFAPO recibiu no seu centro corazóns solidarios cosidos por milleiros de persoas voluntarias que quixeron facer chegar unha mensaxe de apoio e gratitude para todos os colectivos que loitaron e seguen loitando contra a pandemia.

Esta iniciativa xurde en Sevilla baixo o nome Corazones con Bata e xa leva recorrida toda España entregando máis de 16000 corazóns a hospitais, farmacias, residencias, centros de día, asociacións, entre outros.

Desde AFAPO agradecen enormemente este xesto e que contaran con eles nesta fermosa iniciativa.

Ademais, aproveitan para a animar a xente a coñecer a labor de Corazones con Bata por si houbera alguna persoa interesada en colaborar con eles e facer que a súa causa chegue a máis lugares.

Podedes atopar máis información na súa páxina web www.corazonesconbata.com ou soliitar información a través do seu correo electrónico: corazonesconbata@gmail.com

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO