FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

Afalu reactiva varios servizos para persoas coidadoras e familiares

A asociación de familiares de persoas con alzhéimer de Lugo adáptase a nova situación sanitaria e pon en marcha servizos de xeito telemático.

27/01/2021 | Lugo

A situación actual fai necesaria unha adaptación real dos servizos para seguir ofrecendo unha atención de calidade ás persoas con alzhéimer e as súas familias. Deste xeito Afalu co comezo do novo ano reactivou varios servizos adaptándoos á nova situación xerada pola covid-19.
 
Fisioterapia para persoas asociadas e coidadoras, co obxectivo de mellorar á calidade de vida das persoas coidadores mediante terapias individuais como punción seca, magnoterapia, drenaxe linfático manual, kinesiotape, etc. Estas sesións de fisioterapia poden ser para paliar patoloxías asociadas ós coidados ou para previr lesións.
 
Grupos de apoio mutuo para familiares e persoas coidadoras de xeito telemático, co obxectivo de proporcional apoio emocional, intercambiar experienzas, preocupacións, falar de alternativas fronte aos problemas. O grupo de apoio realizarase o último venres de cada mes de 16.30 a 17.30h cunha sesión inicial o día 5 de febreiro. Estas sesións realizaranse mediante videochamada.
 
- Atención psicolóxica individual,  tanto para doentes de alzhéimer como para persoas coidadoras e familiares. Realizase tanto de maneira presencial como telemática, según a preferencia e dispoñibilidade da persoa. É importante neste ano tan duro non deixar a saúde mental de lad
 
- Logopedia individual: Dada a existencia na enfermidade de Alzheimer de problemas na linguaxe e da comunicación é fundamental unha intervención logopédica. A logopedia céntrase específicamente no campo da linguaxe e da comunicación, aínda que abarca tamén outras áreas cognitivas de maneira transversal, como poden ser a memoria e a atención, o seu papel fundamental na enfermidade de Alzheimer e en outras demencias é enlentecer dentro do posible o deterioro cognitivo e manter aberta, ata o final, a porta da comunicación. Estas sesións poden ser presenciais ou por telemáticas.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU