FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFACO impartirá un “Curso formativo básico na enfermidade de Alzheimer” os días 8 ,9 e 10 de febreiro.

O venres 5 finaliza o prazo de inscrición do curso de carácter gratuíto. As actividades comezarán o luns 8 ata o día 10 en horario de 11.00 a12:00 horas en modalidade on- line.

02/02/2021 | A Coruña

O curso será impartido por Nieves Santiago, psicóloga da área de Familias, e por Elena Viqueira, directora técnica, Terapeuta Ocupacional. No mesmo abordaranse, entre outras cuestións, o tratamento farmacolóxico e non farmacolóxico das demencias, as pautas de comunicación e actuación ante diferentes sintomatoloxías, e técnicas para o coidado da persoa coidadora. Debido ás circunstancias actuais, realizarase en liña. Esta formación englóbase dentro da programación anual formativa para familias, co obxectivo de mellorar as habilidades para facer fronte ao coidado e, igualmente, para fomentar a interrelación con outros familiares, que se atopan en situacións semellantes.

A asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña ( AFACO), lembra a importancia que ten recibir formación especializada para as persoas coidadoras non profesionais, polos beneficios que se derivan da súa participación a nivel da mellora das habilidades para facer fronte ao coidado, igualmente coa interrelación que se produce con outros familiares que se atopan en situación semellante.

As familias que desexen participar poden formalizar a inscrición, para iso, deben poñerse en contacto con AFACO a través do correo electrónico: contacto@afaco.es.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFACO