FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

Obradorios de estimulación cognitiva en grupos reducidos nos Concellos de Toén e Barbadás

Afaor lembra a adaptación que tiveron que realizar para que se cumpriran todas as medidas de seguridade e poder continuar ofrecendo servizos de calidade ás persoas usuarias.

12/03/2021 | Ourense

Neste último ano, debido á pandemia de Covid-19 que estamos a sortear, vimos como os nosos hábitos de vida cambiaron de maneira exponencial a medida que avanzaba no tempo. Fixemos parte do noso día a día o uso de máscaras, a distancia social, o incremento das pautas de hixiene...

Afaor comezou a traballar desde primeiro momento cos seus colaboradores para conseguir que parte das súas actividades puideran seguir adiante a pesar da situación e asegurándose de que se cumprían todas as medidas sanitarias de prevención.
 
Neste sentido, en colaboración cos concellos de Toén e Barbadas; e a través da Fundación Dorzán, se puxeron mans a obra para adaptar os obradoiros de memoria á nova realidade, reorganizando a intervención con grupos reducidos, así como facilitando as ferramentas necesarias para continuar desenvolvendo os exercicios a distancia. Accións necesarias para evitar a deterioración cognitiva das persoas beneficiarias.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAOR