FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

As persoas usuarias de Afapo disfrutaron dunha visita virtual ao Museo Nacional de Ciencias e Tecnoloxía de A Coruña

A visita virtual tivo lugar a semana pasada para as persoas usuarias do Centro de Día de Pontevedra

14/06/2021 | Pontevedra

A semana pasada as persoas usuarias do Centro de Día de AFAPO realizaron unha visita virtual ao Museo Nacional de Ciencias e Tecnoloxía de A Coruña (Muncyt).

 

Grazas a iniciativas coma esta as persoas maiores poden coñecer de preto, sen necesidade de desplazarse, unha das exposicións de obxectos máis salientables relacioandos coa Tecnoloxía e a Ciencia destes últimos tempos e tamén do pasado.

 

De feito con actividades como esta trabállase a reminiscencia ao lembrar obxectos comúns que foron utilizados por eles nalgún momento da súa vida. Como por exemplo obxectos antigos como unha plancha de carbón, unha televisión, unha máquina de escribir ou un 600 entre outros.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO