FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

A Federación Alzhéimer Galicia participa no II Congreso Virtual da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía: 2021 'Novos retos para o envellecemento'

Dúas comunicación foron presentadas por FAGAL. Unha sobre o traballo realizado durante a pandemia e outra sobre o proxecto realizado con Azafranes Pote do libro de 'Recetas para el recuerdo'.

01/07/2021

Do 2 ao 4 de xuño tivo lugar o II Congreso Virtual da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontología: 2021 'Nuevos retos para el envejecimiento'.
 
O encontro serviu para reflexionar sobre o efecto da pandemia nas persoas maiores. Tratáronse aspectos clave no tratamento da fase aguda da infección, en como abordar as secuelas de longa duración (físicas, emocionais e sociais), no efecto que está a ter a vacinación na protección dos cidadáns e en como fomos capaces de transformar, aínda que timidamente, algúns servizos asistenciais ás persoas maiores do noso país.
 
Ademais, plantexáronse novos retos para mellorar a calidade de vida das persoas de máis idade como a abordaxe, das enfermidades crónicas, das necesidades de rehabilitación en pacientes xeriátricos, do impacto emocional do illamento, das consecuencias sociais desta crise, e de tantas cuestións que se nos expoñen no día a día.
 
O maior reto é seguir alzando a voz dos xeriatras e dos xerontólogos para mellorar a atención ás persoas maiores. Ao ruído mediático e as loitas políticas que estamos a vivir nestes momentos só se lles pode vencer co coñecemento científico que achegan os profesionais dedicados ao envellecemento e á xeriatría
 
Este ano, como novidade, introducíronse tamén a exposición de comunicacións e posters. Neste sentido, desde a Federación Alzhéimer Galicia expuxéronse dúas comunicacións:
 
- Por unha banda expúxose todo o traballo realizado desde as asociacións de familiares de persoas con demencia de Galicia durante a pandemia, facendo especial fincapé na formación de todo o equipo interdisciplinar e no achegamento das terapias de estimulación cognitiva e funcional aos domicilios das persoas usuarias.
 
- Por outra banda, tamén se comunicou o proxecto deseñado no 2018 e levado a cabo en colaboración con Azafranes Pote, no que participaron 12 usuarias de centros de atención diurna e realizaron unha revisión da súa historia de vida ligada á cocina. Froito deste traballo, nace o recetario "Recetas para el recuerdo" unha iniciativa gastronómica solidaria 100% na loita contras o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia