FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

A Cidade da Cultura acolle o 11 de setembro o Encontro de Expertos: Alzhéimer HOXE que abordará a importancia da prevención e da detección precoz

Intervirán expertos do campo da psicoloxía, neurobioloxía e neuroloxía. Coa intervención especial de Dna. Silvia Suárez Luque Subdirectora Xeral de Programas de Estilo de Vida Saudable.

 

01/09/2021 | Santiago de Compostela

A Federación Alzhéimer Galicia celebra o ‘Encontro de Expertos: Alzhéimer HOXE’ o próximo sábado 11 de setembro no edificio CINC da Cidade da Cultura ás 11h.

Este acto encádrase dentro da campaña polo Día Mundial do Alzhéimer 2021, que baixo o lema “Alzhéimer HOXE, mañá será tarde”, pretende sensibilizar sobre a importancia da prevención e da detección precoz na enfermidade de Alzheimer.

Diferentes expertos intervirán nun debate fluído amosando o seu punto de vista en relación a prevención nas demencias, no que se contará coa intervención especial de Dna. Silvia Suárez Luque Subdirectora Xeral de Programas de Estilo Saudable da Dirección Xeral de Saúde Pública. Entre os expertos estarán Carlos Spuch Calvar, Dr. en neurobioloxía e Investigador Senior; Jº Manuel Aldrey, Dr. en neuroloxía especialista no CHUS; David Facal Mayo, Dr. en psicoloxía evolutiva e Isabel Gey Pérez, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia. Ademais, o encontro será moderado por Isabel Pichel, periodista, escritora e locutora na crtvg.

Ó Encontro de Expertos: Alzhéimer HOXE asistirán diferentes autoridades a nivel autonómico e local.

O acto está aberto ao público en xera: profesionais, familias e persoas coidadoras. Especialmente á persoas interesadas en coñecer o panorama das demencias na nosa comunidade e como afrontar os retos que se expoñen no futuro. A inscrición e gratuíta ata completar aforo. As persoas interesadas poderán facela a través do correo proxectos@fagal.org  ou no teléfono 981 595 121

 

Arquivada en:
Que facemos? > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Para a sociedade comprometida > Día Mundial 2021