Axenda de Actividades
AFALU inaugura un novo Centro de Día en Friol
Á inauguración acudiron a Conselleira de Política Social, Fabiola García; o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón e o alcalde de Friol, Jose Angel Santos.
30/09/2021 | Lugo
Coincidindo co 21 de setembro, Día Mundial do Alzhéimer, AFALU inicia unha nova andadura: un centro de día de alzhéimer en Friol.
Na asociación lucense saben a importancia que teñen as zonas rurales, polo que creen que este é un gran paso dun camiño que levan construíndo fai anos.
Nese día contaron coa Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia Dna. Fabiola García; xunto co alcalde de Friol, Jose Angel Santos; o director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e outras autoridades que visitaron o novo centro guiados pola nosa presidenta, Mª Carmen Pena Ledo, e o director dos nosos Centros de Día, Valentín Calvín.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU