FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

A Federación Alzhéimer Galicia conmemora o Día Internacional da Discapacidade

Isabel Gey, presidenta de FAGAL, acude o acto convocado por CERMI Galicia para reivindicar os dereitos das persoas con discapade

 

02/12/2021 | Santiago de Compostela

A Federación Alzhéimer Galicia únese un ano máis a conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Desde FAGAL aproveitamos este día para sensibilizar sobre como o alzhéimer vai xerando múltiples discapacidades ao longo do proceso da enfermidade.A  discapacidade cognitiva, a primeira delas pola que moitas persoas en idade laboral, por exemplo, teñen que deixar  o seu traballo polas dificultades de continuar desenvolvendo a labor que realizan.

Por este motivo é fundamental subliñar  neste día que todxs estamos baixo o mesmo paraugas, que todxs somos tan diferentes como iguais.

De feito esta é unha das campañas nas que participa a Federación na que preto de 90 entidades de discapacidade de Galicia abren os seu paraugas a favor das persoas con discapacidade e na que se anima á poboación a participar subindo as redes sociais unha foto abrindo un praraugas  e incluindo os hashtags #BaixoOMesmoParaugas e #ParaugasPolaDiscapaciade

Ademais, FAGAL participou este venres 2 de decembro no acto organizado polo CERMI Galicia e a Consellería de Política Social  no que se leu o manifesto polo Día Internacional da Discapacidade no que se reclamou a todas as formacións políticas que apoien a reforma do artigo 49 do texto constitucional porque nin a terminoloxía empregada nin o contido “están aliñados coa visión plena de dereitos humanos, que é a única abordaxe admisible en relación coa discapacidade”.

No acto proxectouse un video conmemorativo que conta, a través de testemuños e experiencias de persoas con discapacidade, como lles gustaría ser tratadas.

Ao acto asistiron tamén o director xeral de maiores e discapacidade, Fernando Abeijón, e por parte de CERMI Galicia estarán presentes o seu presidente, Luciano Fernández; e o seu secretario xeral, Carlos Fernández, acompañados de 45 persoas en representación das distintas discapacidades.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia