FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

O programa 'Atrápame Se Podes' fai beneficiaria á Federación Alzhéimer Galicia nun dos programas solidarios deste Nadal

O premio gañado grazas á actriz Noelia Rey ascendeu a mil euros.

 

10/01/2022 | Santiago de Compostela

Con moitvo das Festas de Nadal un dos programas de maior éxito da TVG realizou un especial de Nadal no que o diñeiro recaudado polos participantes destinábase a causas sociais.

Deste xeito o 1 de xaneiro emitíase o programa de Atrápame se podes no que o recaudado destinouse integramente a Federación Alzhéimer Galicia.  Nesta ocasión os encargados de xogar para conseguir a máximo premio foron Pili Pampin, os cantantes Lucía Pérez e Lito Garrido, o humorista e presentador Isi e a actriz Noelia Rey, quen conseguiu a cantiade de mil euros para FAGAL.

Desde a Federación Alzhéimer Galicia queremos agradecer o programa , a Televisión de Galicia e aos concursantes por visibilizar o alzhéimer e o traballo que realiza a rede de asociacións de alzhéimer de Galicia.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia