FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AFACO un mes cheo de actividades

AFACO remata o mes de marzo visitando a exposición de Peter Lindbergh na súa Saída Cultural

28/03/2022 | A Coruña

Durante este mes, Afaco realizou varias actividades para os seus usuarios tanto dentro como fora das súas instalacións. 
 
Retomouse o Programa de Saídas Culturais! Como sabemos, son unha parte fundamental que complementan as terapias que se desenvolven en AFACO.
 
Comenzaron realizando unha visita á exposición Untold Stories de Peter Lindbergh, situada no Porto da Coruña e que tan boa acollida está tendo. A parte de celebrar o seu legado, Untold Stories tamén transmite a postura do artista en torno á fotografía de moda. A súa creenza de que a beleza individual reviste un carácter polifacético e de que existe autenticidade na imperfección, catapultou a Lindbergh á fama por captar a personalidade e momentos especiais de intimidade nas súas instantáneas. Nte sentido, rompeu os estereotipos na fotografía de moda. Nas fotografía pódese observar un dos momentos nos que un dos Grupos de Centro de San Diego visita a exposición.
 
 
Tamén se celebrou unha lectura dos Poemarios sobre el Alzheimer. El poemario A (des)memoria de Clara Vidal fala dunha linguaxe dificil de entender, propio das persoas que empezan a sentir desvanecer a súa memoria.
Pola súa parte, Cartas dende o esquezo de Baldo Ramos, é un diálogo entre un pai que envellece, aqueixado de pérdida da memoria e o seus fillos.
 
Para finalizar, realizouse unha actividade en colaboración con Ecoembes e apoiados pola Consellería de Medio Ambiente.
Nesa actividade tiveron a oportunidade de desfrutar dun "Bingo da Reciclaxe", no que cada participante tiña un cartón donde identificar os residuos que o monitor mostraba, o que cantaba bingo convertíase no  "Reciclador do día".
Además, regaláronlles 3 contenedores para continuar reciclando no centro.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFACO