FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

Presentación do libro ¡Hay que andar! a favor das persoas con alzhéimer

O sábado 11 de xuño ás 11h terá lugar a presentación na Obra Social Abanca da Praza de Cervantes de Santiago de Compostela

08/06/2022 | Santiago de Compostela

O sábado 11 de xuño ás 11h terá lugar a presentación do libro ¡Hay que andar! Na Obra Social Abanca da Praza de Cervantes de Santiago de Compostela.

Raquel Hermida escritora de este libro de crecemento personal presenta a súa obra en Santiago de Compostela. Un libro solidario no que a autora destina unha parte dos beneficios das vendas á Federación Alzhéimer Galicia.

Ademais, a presentación irá acompañada dunhas pílulas formativas da man de profesionais de referencia nacional e internacional ligada á comunicación e o liderazgo como Mario López Guerrero, Beatriz García Cibreiro, Daniel Álvarez Lamas, Mar Olayo Martínez, Carla Reyes Uschinsky e Xabier Pardiñas Suárez.

Ademais da causa solidaria do propio libro -que xa alcanzou a súa segunda edición- a Asociación de escritores Solidarios Cinco Palabras, á que pertence a autora, dedica a súa causa do mes de xuño á Federación Alzhéimer Galicia difundindo a labor e as actividades que realiza en pro das persoas con alzhéimer e as súas familias.

A entrada é de balde ata completar aforo e as inscricións poden realizarse no correo comunicacion@fagal.org ou no 981 595 121.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia