FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

AGADEA pecha o programa 'Coidando ao Coidador' con preto de 30 faladoiros

Os faladoiros leváronse a cabo en Santiago de Compostela, A Estrada, Ribeira, Trazo e Cuntis contando coa colaboración dos concellos e da Escola Galega de Saúde

28/06/2022 | Santiago de Compostela, A Estrada, Ribeira, Trazo e Cuntis

Dende o mes de setembro de 2021 ata o mes de xuño do 2022 AGADEA organizou preto de 30 faladoiros para apoiar á labor das persoas coidadoras, tanto profesionais como familiares.

Os faladoiros leváronse a cabo en Santiago de Compostela, A Estrada, Ribeira, Trazo e Cuntis contando coa colaboración dos concellos e da Escola Galega de Saúde, nalgúns deles e outros conxuntamente coa Fundación Barrié.

Neles interviron profesionais que nos axudaron a entender mellor esta doenza e optimizar o traballo do coidador/a. Entre eles o doutor J. M Aldrey, coordinador da Unidade de Neuroloxía Cognitiva da Área Sanitaria de Santiago, cuxa ponencia versou sobre a alimentación e a demencia para saber elixir a dieta máis favorable e evitar os problemas derivados dunha alimentación inadecuada nas persoas con deterioro cognitivo.

Tamén participou en varios faladoiros, o doutor Pías Peleteiro destacando a importancia de exercicio físico para as persoas con demencia e os seus coidadores/as e a neuróloga, Clara Domínguez.

Outro dos temas de gran interese xirou en torno as técnicas de relaxación na enfermidade de Alzhéimer, a fisioterapia para os doentes e coidadores, e varios taller prácticos impartidos pola socióloga Ana Díaz, organizadora do programa. A media de participantes xirou entorno ás 15, 20 persoas por taller. 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA