FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta en Lugo e Francisco Javier Vázquez Nodal, Xefe Territorial de Política Social en Lugo, visitaron o Centro de Día de alzhéimer de Afalu

A visita tivo lugar o pasado 15 de xuño

29/06/2022 | Lugo

O pasado 15 de xuño, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Don Javier Arias Fouz e o Xefe Territorial de Política Social en Lugo, Don Francisco Javier Vázquez Nodal, visitaron o centro de día de Lugo.

Neste encontro foron recibidos polo director do Centro de Día, Valentín Calvín e a vicepresidenta de Afalu, Iria Franco, e conversaron sobre as necesidades das persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas así como das súas familias. Ademais, puideron coñecer de petro os proxectos que está a desenvolver a asociación lucense na provincia.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU