FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

Á venda a revista de relatos solidarios editada por Cinco Palabras cuxos beneficios se destinan a FAGAL

O prezo da revista é de 12€ e os beneficios serán destinados ás actividades que realiza a Federación

11/10/2022 | Santiago de Compostela

A revista editada por Cinco Palabras recolle os relatos escritos por diferentes persoas que se uniron á causa durante o mes de xuño. Estes relatos debían conter as 5 palabras elixidas por Isabel Gey, presidenta de FAGAL e cumprir tres requisitos: manter a mesma orde, non cambiar número nin xénero das palabras e ter unha extensión máxima de 100 palabras.

As cinco palabras elixidas por Isabel Gey foron: ALZHEIMER, COIDADO, PACIENCIA, PREVENCIÓN e XESTIONAR

Agora Cinco Palabras pon a venda a revista editada con todos os relatos. O custe da revista é de 12€ e a recadación integra é para a Federación Alzhéimer Galicia.

O prólogo da revista está escrito por Raquel Hermida, autora do libro ¡Hay que andar!. Libro solidario tamén co alzhéimer e, poderiamos dicir, que precursora de todo este proxecto. Grazas a ela  e a Mar Olayo, Fundadora de Cinco Palabras, podes mercar a revista e seguir sumando esforzos para que a Federación Alzhéimer Galicia e as 15 asociacións membro poidan seguir levando a cabo servizos que permitan mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e as súas familias.

Ademais  revista conta coas palabras de Cecilia Blanco, compositora e cantante; Amanda Chic, influencer; Marta Jaumandreu, periodista e presentadora da TV1 e Álvaro Reina, actor de dobraxe.

Podes mercar a revista aquí

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia