FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Axenda de Actividades

FAGAL asiste ó VII Fórum RIES22 organizado polo Clúster Saúde de Galicia sobre innovación asistencial e modelos de coidados.

Ata alí desprazáronse Isabel Gey e Juan Carlos Rodríguez, presidenta e tesoureiro da Federación Alzhéimer Galicia respectivamente.

 

31/10/2022 | Santiago de Compostela

Os días 26 e 27 de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela o VII Fórum  Retos Internacionais do Ecosistema Saude (RIES22) no que FAGAL estivo presente.

Ata alí desprazáronse Isabel Gey e Juan Carlos Rodríguez, presidenta e tesoureiro da Federación Alzhéimer Galicia respectivamente.

O Clúster Saúde de Galicia, o que pertence FAGAL desde o ano 2017, é unha entidade sen ánimo de lucro que actúa coma unha plataforma profesional, dentro do ecosistema de saúde galego, para a cooperación público-privada, co propósito de apoiar a innovación para a co-creación de solucións que melloren o benestar das persoas.

Desde fai sete anos organizan RIES, un forum internacional de referencia a nivel nacional e internacional  no que se abordan os retos dese momento. Este ano centrouse en abordar a saúde de vangarda, amosando proxectos de solucións innovadoras desenvoltos para unha mellora asistencial y que isto se traduza en novos modelos de coidados.

Ademais a nosa asociación AFAGA Alzhéimer recibiu o Premio da Comunidade CSG  pola creación da Cátedra de Edadismo creada xunto a Atendo e a Universidade de Vigo.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia