FAGAL inicia a súa campaña polo Día Mundial do Alzhéimer baixo o lema PROTAGONISTAS
O lema sirve como fío conductor para dar voz ás propias persoas con unha demencia
Este ano 2023, a Federación Alzhéimer Galicia | FAGAL celebra o seu 25 Aniversario baixo o lema “PROTAGONISTAS” poñendo en valor ás persoas con demencia e ás súas persoas coidadoras, dándolles voz ás súas experiencias e reivindicacións.
A nosa loita por un diagnóstico precoz está creando un novo escenario de atención e intervención moi diferente ó de hai 25 anos. É necesario que este novo perfil, sexa máis visible para poder atender de maneira temperá a enfermidade e ralentizar o seu avance.
Nestes 25 anos de traxectoria, non queríamos esquecernos de agradecer a todas aquelas persoas, entidades e empresas que apoian a nosa labor e que co seu gran de area, se converten tamén en PROTAGONISTAS.
Para celebrar esta data tan sinalada temos organizadas diferentes actividades das que nos gustaría que tamén formásedes parte!
GALA 25 aniversario
Persoas con demencia, coidadoras, investigadoras, profesionais da área socio-sanitaria, administracións públicas e entidades e empresas colaboradoras reuniranse o sábado 16 de Setembro ás 19:00h no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
Todos celebraremos xuntos este Aniversario e coñeceremos os avances e logros que durante estes 25 anos de traxectoria se foron acadando.
VIAXANDO POLOS RECORDOS
Morriña, nostalxia, añoranza… son palabras que describen un sentimento do pasado, cara unha lembranza que sentes, que te recrea e contribúe a serenar o teu estado de ánimo e eleva a túa autoestima, pero... que pasa cando xa non somos capaces de lembrar quen somos? Quen nos acompañan na vida diaria?
Por iso, dentro da iniciativa de concienciar á sociedade sobre a memoria e solidariedade coas persoas cunha demencia, a Federación Alzhéimer Galicia xunto con RENFE, creará un banco de recordos daquelas anécdotas que non che gustaría esquecer.
Recollidas as aportación serán publicadas en redes sociais e páxina web da Federación así como no mural que se elaborará para a Gala do 25 Aniversario de FAGAL. Esta iniciativa estará tamén en todas as estacións e trens rexionais de Galicia en setembro, o mes mundial do alzhéimer.
Toda a información sobre a nosa GALA de 25 aniversario, o video do día mundial e a campaña con RENFE no siguiente enlace