Axenda de Actividades
FAGAL da comezo aos cursos de Coidados Compartidos grazas á doazón do Festival da Luz
Có recadado no Festival da Luz no ano 2022, púidose destinar á formación de coidadores no rural.
14/11/2023 | Galicia
Este luns 20 de novembro inaugúranse os cursos para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa. O primeiro será impartido en Guitiriz, pero realizaranse por toda Galicia xa que estes cursos teñen como obxectivo formar e axudar a persoas en contornas rurais. Serán impartidos por profesionais especializados: psicólogos, traballadores sociais e/o terapeutas ocupacionais.
O envellecemento é o principal factor para a aparición dunha demencia e as proxeccións demográficas de Galicia prevén un aumento das persoas maiores de 65 anos do 23’15% actual ao 41% en 2050.
O contexto rural experimenta un fenómeno de sobre envellecemento ao que se lle engade unha escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Esta realidade non só afecta á persoa que padece unha enfermidade se non a todo o núcleo familiar.
Por iso, o proxecto achega a persoas coidadoras de persoas maiores con demencia, residentes no rural, formación e información sobre o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como servizos e recursos segundo a localidade onde se intervén para mellorar a calidade de vida.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Colabora > Apoia coa túa firma > Accións pechadas > Titular de la acción 00
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia