Atención
Co fin de dar cumprimento aos obxectivos da Federación Alzhéimer Galicia, esta entidade e as súas asociacións membro, prestan servizos de atención a familiares de persoas con algunha demencia a través dos seguintes programas que se mencionan:
Desde - Hasta: - Actualmente
PROGRAMAS DE APOIO A FAMILIARES E PERSOAS COIDADORAS DE PERSOAS CON DEMENCIA
Este programa ten como obxectivo principal abordar o impacto da enfermidade de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e promover a adaptación da familia nesa nova realidade. Consiste en proporcionar un apoio personalizado e continuado á persoa coidadora (ben a nivel individual como a nivel grupal) durante o proceso da enfermidade, afondándose no momento do diagnóstico, en momento de alteración, ingresos ou hospitalizacións, falecemento e posterior duelo.
Financiamiento: Consellería de Política Social
Periodo de execución: Año 2019
Entidades que levan a cabo este programa:
- Provincia de A Coruña: AFABER, AFACO, AFAL-FERROLTERRA, AGADEA
- Provinca de Lugo: AFALU, AFAMON, AFACHANTADA, AFAVIVEIRO
- Provincia de Ourense: AFAOR
- Provincia de Pontevedra: AFAPO, AFAGA, AFAMO, AFASAL
PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DE REDES SOCIAIS E OUTRAS ACTUACIÓNS DE APOIO E ACOMPAÑAMENTO
Con este programa combátese a chamada "brecha dixital", promovendo nas persoas maiores o acceso á tecnoloxía e aos novos canais de comunicación, favorecendo a alfabetización tecnolóxica e o uso de redes sociais, á vez que mellorando a súa autonomía persoal, as súas relacións sociais e os seus procesos cognitivos (atención, concentración, memoria...) Nestas actividades afondízase no uso de Internet, correo electrónico, Facebook, Twitter, Skype, WhatsApp...
Financiamento: Consellería de Política Social
Periodo de execución: Ano 2019
Entidades que levan a cabo este programa:
- Provincia de A Coruña: AFABER
PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DO EMPREGO DAS TIC ENTRE AS PERSOAS MAIORES
Está demostrado que o emprego de novas tecnoloxías en persoas maiores aumenta e mellora o seu desenvolvemento individual e social, favorecendo a súa autonomía persoal e independencia, axudando a superar o medo á soidade e ao illamento. Deste modo, estanse a realizar durante este ano 2019 actividades nas que se asesoran a familiares de persoas cunha demencia no funcionamento do ordenador, as funcións básicas do mesmo, internet, correo electrónico...
Financiación: Consellería de Política Social
Periodo de ejecución: Año 2019
Entidades que llevan a cabo este programa:
- Provincia de A Coruña: AFABER
PROXECTO RED MAY
Dentro do Programa Operativo INTERREG V A España Portugal (POCTEP) prestaranse os seguintes servizos de xeito gratuito, mediante profesionais habilitados legalmente, a través dunha unidade móbil que se despraza por distintos concellos do rural galego:
- Servizos ópticos: entre outros, servizos de revisión e gradación da vista
- Servizos de podoloxía: prevención,diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés
- Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas: realización de probas de valoración, exercicios e fichas de estimulación cognitiva...
- Asesoramento e apoio sobre servizos esenciais cotidiáns: farmacolóxicos, bancarios, xurídicos, alimentarios, suministración doméstica...
Financiamento: Consellería de Política Social
Periodo de execución: Ano 2019
Localidades onde se leva a cabo este programa:
- Provincia de A Coruña: Boimorto, San Sadurniño, Paderne, Touro, Tordoia
- Provincia de Pontevedra: Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, Campo Lameiro, As Neves
- Provincia de Ourense: Leiro, Esgos, Bande, A Mezquita, Barco de Valdeorras
- Provincia de Lugo: As Nogais, Cervantes, Portomarín, Abadín, O Valadouro