FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Formación

Unha das liñas estratéxicas da Federación Alzhéimer Galicia é realizar actuacións de formacuón a familiares de persoas con demencia que favorezan o desenvolvemento das súas habilidades e competencias en materia de demencias.

Desde - Hasta: - Actualmente

PROGRAMAS DE FORMACIÓN A FAMILIARES E PERSOAS COIDADORAS DE PERSOAS CON DEMENCIA

A principal finalidade deste programa é facilitar formación en materia de coidados e boas práctivas a familiares e persoas coidadoras principais. Deste modo, asesóraselles e proporciónalles información e coñecementos acerca da enfermidade para mellorar a súa resposta ante diferentes situacións da vida diaria e de coidado da persoa con demencia.

Financiamento: Consellería de Política Social

Periodo de execución: Año 2019

Entidades que llevan a cabo este programa:

 

XORNADAS INTERDICIPLINARIAS DE FAGAL

As xornadas, que se levan desenvolvendo ininterrumpidamente dende 2003 promoven o coñecemeento sobre alzhéimer e outras demencias a familias coidadoras de persoas cunha demencia: tipos de demencia, modelos dabordaxe en diferentes rexións e países, evolución da investigación e modelos de intervención.

A partir do ano 2023 promóvese dar voz ás persoas cunha demencia, para que conten en primeira persoa como lles afectou o diagnóstico e que expresen os seus sentimientos e desexos respecto a esta enfermidade.

Financiación: 

  • Deputación de A Coruña: 8.378,40 € (79,96%)
  • Consellería de Política Social: 2.100,01 € (20,04%)

Total: 10.478,41 €

Periodo de execución: Año 2023

Localidade na que se lleva a cabo:

  • Santiago de Compostela

 

PROGRAMA XUNTOS NOS COIDADOS

Este programa consiste en achegar o concepto de alzhéimer e outras demencias, os recursos e os servizos existentes naquelas áreas onde as persoas coidadoras non profesionais precisan un apoio de proximidade maior en materia de demencias. Desta forma, realízanse cursos de 8 horas de duración, impartidas por unha persoa licenciada en psicoloxía e distribuídas en 2 ou 4 días nas que se proporciona información e asesoramento.

Financiamento: Consellería de Política Social

Periodo de execución: Año 2019

Entidades que llevan a cabo este programa:

 

PROGRAMA REDE PARAUGAS ALZHÉIMER DE ATENCIÓN RURAL

O obxectivo principal deste

objetivo principal de este programa é fomentar a capacitación das familias coidadoras de persoas con algunha demencia, a través da posta en marcha de unidades de respiro no rural galego. Por unidades de respiro enténdese un servizo onde se realizan programas de estimulación e atención a persoas cunha demencia neurodexenerativa e onde se promove a atención social e psicolóxica das familias coidadoras.

Financiamento: Fundación Barrié

Periodo de execución: Ano 2019

Entidades que levan a cabo este programa:

  • Provincia de A Coruña:
  • Provinca de Lugo:
  • Provincia de Ourense:
  • Provincia de Pontevedra:

 

PROGRAMA FORMACIÓN A COIDADORES NON PROFESIONAIS

As asociacións membro da Federación Alzhéimer Galicia, gracias a este programa levan a cabo diferentes cursos, charlas e relatorios destinados a persoas coidadoras non profesionais, nas que se lles informa e asesora naquelas cuestións que poidan mellorar a calidade de vida de todo o núcleo familiar: síntomas cognitivos e non cognitivos, terapias non farmacolóxicas, coidados no domicilio, coidado da persoa coidadora..

Financiamento: Consellería Sanidade

Periodo de execución: Ano 2019

Entidades que levan a cabo este programa: