Para as familias

A familia en si constitúe un alicerce fundamental para todas as persoas independentemente da etapa evolutiva na que se atope. Desde a Federación Alzhéimer Galicia consideramos  de vital importancia que esta senta apoiada e arroupada, que teña a disposición toda a información que necesite  e que conte con formación específica que lle axude  a soportar da  mellor maneira posible un proceso de enfermidade como ocorre na enfermidade  de alzhéimer ou outras demencias. Se ti es familiar de persoa con demencia interesarache saber que desde as Asociacións membro co apoio da Federación se  llevana cabo programas de atención  ás familias e de formación..
 

Atención

Co fin de dar cumprimento aos obxectivos da Federación Alzhéimer Galicia, esta entidade e as súas asociacións membro, prestan servizos de atención a familiares de persoas con algunha demencia a través dos seguintes programas que se mencionan:

Formación

Unha das liñas estratéxicas da Federación Alzhéimer Galicia é realizar actuacións de formacuón a familiares de persoas con demencia que favorezan o desenvolvemento das súas habilidades e competencias en materia de demencias.