Para as familias

A familia en si constitúe un alicerce fundamental para todas a persoa, independentemente da etapa evolutiva na que se atopen. Desde a Federación Alzhéimer Galicia consideramos de vital importancia que esta senta apoiada e arroupada, que teña a disposición toda a información que necesite e que conte con formación específica que lle axude a soportar, da mellor maneira posible, un proceso de enfermidade como ocorre na enfermidade de alzhéimer ou outras demencias.
Se ti es familiar dunha persoa con demencia interesarache saber que desde as Asociacións membro, co apoio da Federación,  se levan a cabo programas de atención ás familias e de formación que se mostran a continuación.
 

Atención

Co fin de dar cumprimento aos obxectivos da Federación Alzhéimer Galicia, esta entidade e as súas asociacións membro, prestan servizos de atención a familiares de persoas con algunha demencia a través dos seguintes programas que se mencionan:

Formación

Unha das liñas estratéxicas da Federación Alzhéimer Galicia é realizar actuacións de formacuón a familiares de persoas con demencia que favorezan o desenvolvemento das súas habilidades e competencias en materia de demencias.