Rede paraugas interxeracional

Este programa, destinado a estudantes de Bacharel e de FP da rama sociosanitaria, ten como obxectivo mostrar dunha maneira próxima e dinámica que son as demencias, como afectan o cerebro e as diferentes tipoloxías existentes, achegando aos máis novos a realidade desta doenza a través de tres actividades principais:

  1. Charla divulgativa impartida polo Doutor Carlos Spuch
  2. Sensibilización na aula impartida por persoal especializado en alzhéimer e outras demencias
  3. Visita a un centro especializado na atención a persoas con demencia neurodexenerativa

Financiamento: Fundación Barrié

Periodo de execución: Ano 2019

Cidades nas que se leva a cabo este programa:

  • Provincia de A Coruña: Santiago de Compostela
  • Provincia de Pontevedra: Vigo