FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Rede paraugas interxeracional

Divulgamente é un proxecto de sensibilización interxeracional enmarcado no Programa “Rede Paraugas Alzhéimer” levado a cabo pola Fundación Barrié en colaboración coa Federación Alzhéimer Galicia desde o ano 2013.

Divulgamente é un proxecto de sensibilización interxeracional enmarcado no Programa “Rede Paraugas Alzhéimer” levado a cabo pola Fundación Barrié en colaboración coa Federación Alzhéimer Galicia desde o ano 2013. O seu obxectivo é mostrar dunha maneira próxima e dinámica que son as demencias e como afectan o cerebro, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.

Este ano por motivo da crise sanitaria derivada do COVID-19 a maior parte realizarase de maneira telemática pero seguirá mantendo a mesma esencia: a de achegar as demencias á poboación máis nova e fomentar as relacións interxeracionais entre ambos colectivos.

A actividade está dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos da rama sociosanitaria e este ano desenvolverase nas localidades da Coruña, Viveiro e Pontevedra. A charla “Coñecer mellor o Alzheimer” terá lugar en decembro (data a convir cos centros) e o resto de fases realizaranse no primeiro trimestre de 2021.

As tres fases do proxecto son:

  1. Charla divulgativa en formato online “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo neurólogo Carlos Spuch, quen explicará, de forma dinámica e contextualizada na actual situación sanitaria e social, que son as demencias, porqué prodúcense e cal é a diferenza entre os diferentes tipos de demencias, entre outros temas.

 

  1. A Sensibilización na aula é a segunda fase deste proxecto na que profesionais da asociación de referencia acoden ao centro educativo (no caso de non ser posible a realización presencial da actividade, realizaríase en formato online) para explicar as actividades, terapias e protocolos que se realizan desde as asociacións para atrasar o avance da enfermidade e mellorar a calidade de vida da as persoas con alzhéimer e as súas familias.

 

  1. Por último, e para pechar o círculo, o alumnado fará unha Visita Virtual a un centro de alzhéimer a través dunha conexión telemática en directo para coñecer de primeira man as actividades que se realizan, sendo participe delas durante a visita.

 

A inscrición pode realizarse a través de https:// fundacionbarrie. org/formulario- inscripcion- divulgamente-2020-21 ata o 4 de decembro de 2020.

 

Financiamento: Fundación Barrié

Periodo de execución: Ano 2020 -  2021

Cidades nas que se leva a cabo este programa:

  • A Coruña
  • Viveiro
  • Pontevedra