Para profesionais
Desde a Federación Alzhéimer Galicia poñemos ao dispor dos e as profesionais: formación, que favoreza a reciclaxe profesional e permita mellorar a calidade do traballo que desempeñan os máis de 300 profesionais que forman parte da rede de intervención da Federación e as asociacións membro; documentos de interese, que sirvan de complemento para a ampliación do coñecemento.
Se es un ou unha profesional e interésache ampliar os teus coñecementos isto pódeche servir de axuda.
Documentos de interese
Aquí atoparás manuais e guías de consulta relacionados con algún dos perfís profesionais dedicados á atención de persoas con demencia, que servirán para a consulta de dúbidas e para a ampliación de coñecementos acerca do alzhéimer, a intervención e tratamento.