Actividades

Aquí atoparás programas destinados a persoas maiores de 50 anos que queiran envellecer activamente e o programa de voluntariado destinado á poboación en xeral que quere colaborar coa causa.

PROGRAMAS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL, ENVELLECEMENTO ACTIVO E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA

Dirixidos a persoas maiores de 50 anos sen deterioración cognitiva, interesadas en potenciar o seu nivel de autonomía a través do fortalecemento da memoria e outras capacidades cognitivas que poden verse afectadas como consecuencia o envellecemento. Entre as actividades que se realizan neste programa pódense destacar: introdución teórica sobre o cerebro e a memoria, exercicios e actividades que traballan os procesos cognitivos, realización de técnicas de axudas externas para a memorización...

Financiamento: Consellería de Política Social

Periodo de execución: Ano 2019

Entidades que levan a cabo este programa:

PROGRAMAS DE FORMACIÓN E PROMOCIÓN DO VOLUNTARIADO

Hoxe en día, a acción voluntaria converteuse nun alicerce fundamental na actuación social, contribuíndo á mellora e transformación da nosa sociedade. Desde a Federación Alzhéimer Galicia e as asociacións pertencentes a ela detectouse a necesidade de formación específica para as persoas voluntarias co fin de ofrecer unha axuda adecuada tanto para as persoas con alzhéimer e outras demencias como para as súas familias. A través deste programa preténdese regular a actividade voluntaria, potenciando a súa formación e apoiando proxectos ou ideas innovadoras que poidan xurdir.

Financiamento: Consellería de Política Social

Periodo de execución: Ano 2019

Entidades que levan a cabo este programa:

  • Provincia de A Coruña: AFACO
  • Provincia de Ourense: AFAOR
  • Provincia de Pontevedra: AFAGA