Día Mundial 2019

Con motivo do Día Mundial a Federación Alzhéimer Galicia organiza durante o mes de setembro actividades encamiñadas á difusión do labor que realiza e á visibilización e sensbilización do alzhéimer á poboación en xeral.
O acto principal do Día Mundial do Alzhéimer é a Andaina Solidaria que acolle ao redor de 250  partipantes por edición. A  Andaina comeza desde o Monte  Do Gozo e percorre as rúas da cidade de Santiago de Compostela ata chegar ao Parque de Bonaval onde, no 2016, reservouse un lugar para crear o "Espazo da Memoria" en recordo a todas esas persoas que se viron e se ven afectadas cada día polo alzhéimer.
A  andaina adoita realizarse a fin de semana previa ao 21 de setembro (día Mundial do Alzhéimer). Para participar nela debes inscribirche previamente. Semanas previas ao evento publicaremos nas nosas redes sociais toda a información.
 
Financiamento: Xacobeo 2021
 
Período de execución: Ano 2019
 
Entidades membro que participan:

Empresas colaboradoras: