Para el fortalecemento asociativo

Dentro deste apartado atópanse todos os programas que favorecen o crecemento asociativo e que permiten crear unhas bases adoitadas e efectivas de comunicación entre asociacións e federación.

Base de datos "Augusta"

En honra á muller que doou o seu cerebro para o seu estudo e descubrimento do que hoxe coñecemos enfermidade de Alzhéimer, chamamos así á base de datos que desde a Federación Alzhéimer Galicia está a desenvolverse para a elaboración dun rexistro real de persoas con alzhéimer e coidadoras.

Programa de coordinación e comunicación coas AFAs

Co fin de dar cumprimento aos obxectivos e liñas de actuación da Federación Alzhéimer Galicia, desde esta entidade desenvólvense diversas actividades encamiñadas ao mantemento e fortalecemento da súa estrutura federativa.

Elaboración e xestión dos programas con cargo ó IRPF

A través deste programa a Federación Alzhéimer Galicia asesora e apoia ás entidades membro na elaboración dos programas a cargo do IRPF. A subvención con cargo ao IRPF fai posible que os servizos e programas poidan manterse para dar a mellor atención ás persoas con demencia e as súas familias.