Programa de coordinación e comunicación coas AFAs

Co fin de dar cumprimento aos obxectivos e liñas de actuación da Federación Alzhéimer Galicia, desde esta entidade desenvólvense diversas actividades encamiñadas ao mantemento e fortalecemento da súa estrutura federativa.
Entre elas:
  • Coordinación de diferentes programas das asociacións membro.
  • Elaboración de proxectos comúns
  • Deseño de material de información e difusión así como guías especializadas en demencia  neurodexenerativa nas que participan persoas traballadoras profesionais dos diferentes sectores da rama sociosanitaria
Estas accións levan a cabo mediante reunións formativas presenciais,  teléfonicas e videoconferencias. Nas asembleas de socios e xuntas directivas ademais de tratar os temas competentes en materia de contas e aprobación das memorias de actividades se  aúnan criterios e metodoloxía de traballo das distintas áreas profesionais que actúan no coidado das persoas con demencia e dos seus familiares, co fin de proporcionar unha mellor calidade de vida.

Financiamento: Consellería de Sanidade

Periodo de execución: Ano 2019

Entidades que levan a cabo este programa: