Para a sociedade comprometida
Unha sociedade comprometida é aquela que se mantén activa tanto física como mentalmente sendo consciente de que é a mellor medicina para envellecer activamente, é aquela que se involucra e quere axudar a transformar o mundo cos seus actos.
Se te identificas con esta descrición, este é o teu lugar. Desde a Federación Alzhéimer Galicia enfocamos o noso traballo tamén cara a esta parte da poboación porque consideramos que o alzhéimer e as demencias son cousa de todos e todas, e cada persoa pode achegar o seu gran de area.