FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

O alzhéimer
e as demencias

O alzhéimer é unha enfermidade dexenerativa de carácter progresivo que afecta ás neuronas, causando a morte gradual das mesmas. Provoca demencia, o que implica unha diminución da capacidade para desenvolver as actividades da vida diaria.

A Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (FAGAL) é unha entidade sen ánimo de lucro composta por 15 asociacións galegas de alzhéimer que suman máis de 5.000 familias. Dende o ano 1998 presta servizos á persoas con alzhéimer e ás súas familias co fin de retrasar o avance da enfermidade, mellorar a súa calidade de vida e ser un apoio neste proceso.

 

¡Infórmate!

27/03/2024 | Santiago de Compostela

FAGAL participa na Campaña X Solidaria 2024

Baixo o lema #EquipoXSolidaria fai chamamento a marcar a casa de Fins Sociais na declaración da renda 2023
 
 
 

21/03/2024 | Santiago de Compostela

Cursos de Coidados Compartidos do mes de abril

Os 5 cursos programados para o mes de abril súmanse ós 30 cursos xa realizados dende novembro.
 

18/03/2024 | Santiago de Compostela

Aberta a Inscrición ás XXII Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL

As Xornadas Interdisciplinarias terán lugar o sábado 27 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
 

01/03/2024 | Cee

A Conselleira de Política Social en Funcións visitou onte as instalacións da asociación AFAFES en Cee.

A conselleira mostrou o compromiso da Xunta de Galicia coas asociacións como o acadado por esta entidade a través da orde de IRPF
 

28/02/2024 | Nigrán

FAGAL acode ao ao acto de Vegalsa-Eroski coas entidades beneficiarias do seu programa Céntimo Solidario

Desde a súa posta en marcha en 2020, o programa recadou a través das iniciativas vinculadas a este programa 690.000 euros
 

19/02/2024 | Santiago de Compostela

Cursos de Coidados Compartidos do mes de marzo

A iniciativa, desenvolvida grazas á colaboración do Festival de la Luz, que ten como obxectivo formar e axudar a persoas coidadoras en contornas rurais.

 

Pódeche interesar

Teño dúbidas
É Alzhéimer?

Acábanme de
diagnosticar

Son persoa coidadora
Que podo facer?


Programas e Proxectos

Img Formación para profesionais

Formación para profesionais

A formación continuada dos e as profesionais é un obxectivo fundamental para a Federación Alzhéimer Galicia. A través das Xornadas Interdisciplinares, que teñen lugar cada ano, favorécese o intercambio de experiencias entre profesionais e o coñecemento doutros módelos de intervención en demencias a nivel internacional. Con iso promóvese a reciclaxe profesional que favorece a motivación e o benestar persoal de cada persoa traballadora o que repercute directamente na calidade da atención ofrecida.

Img Campañas de sensibilización

Campañas de sensibilización

A través da sensibilización e difusión conseguimos ser máis visibles e poder contar ao mundo o labor que realizamos. É por iso que a Federación Alzhéimer Galicia aposta por programas destinados a este fin: difusión, para mostrar os métodos de intervención e o traballo que realizamos; sensibilización, para achegar o alzhéimer á sociedade, para reivindicar máis axudas para as persoas con demencia e as súas familias, etc…; concienciación, para que se aposte pola investigación e póñase en valor a importancia da detección precoz.

Img Elaboración e xestión dos programas con cargo ó IRPF

Elaboración e xestión dos programas con cargo ó IRPF

A través deste programa a Federación Alzhéimer Galicia asesora e apoia ás entidades membro na elaboración dos programas a cargo do IRPF. A subvención con cargo ao IRPF fai posible que os servizos e programas poidan manterse para dar a mellor atención ás persoas con demencia e as súas familias.

Img Localidades Solidarias co Alzhéimer

Localidades Solidarias co Alzhéimer

"Localidades Solidarios co Alzhéimer" é un proxecto de sensibilización que xurde no 2012 é na actualidade conta con 84 municipios comprometidos coas persoas con alzhéimer

Axenda

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

MÁIS INFO ▼

Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD
Responsable: FEDERACIÓN ALZHÉIMER GALICIA - FAGAL
Finalidade: A xestión dos datos de carácter persoal solicitados para o envío de boletíns informativos da entidade.
Lexitimación: O consentimento prestado.
Destinatarios: Non se realizarán cesións de datos.
Dereitos: Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, e a limitación ou oposición ao seu tratamento, a revogar o consentimento prestado e a presentar reclamación ante a Axencia Española Protección de Datos. Se vostede o retíra, os tratamentos que se realizaron antes continuaran sendo válidos.
Información adicional: Toda a información facilitada poderá atopala ampliada na información adicional que está á súa disposición pinchando aquí.

Mapa de Recursos

Aquí podes atopar a relación total de Asociacións de Familaires de Persoas cunha demencia neurodexenerativa e as súas familias e os tipos de servizos que prestan.


En cada unha das asociaciónes préstanse servizos de estimulación e atención a persoas con cualquera tipo de demencia neurodexenerativa e se ofrecen diferentes servizos para as familias coidadoras.


Todos estes servizos atópanse adaptados ó marco da Carteira de Servizos especializada en alzhéimer e outras demencias de prevención da depenencia da Xunta de Galicia.

 

DEPENDENCIA
  • Sede asociación Sede asociación
  • Centros de Día Centros de Día
  • Servizo de estimulación Servizo de estimulación
  • Pública Pública