FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia retoma a súa andaina solidaria con motivo do Día Mundial do Alzhéimer

Terá lugar o sábado 10 de setembro noMonte do Gozo e percorrerá as rúas da cidade ata chegar o Parque de Bonaval.

 

01/09/2022 | Santiago de Compostela

O mes de setembro é o mes do alzhéimer. Un mes no que a Federación Alzhéimer Galicia aproveita para sensibilizar a cerca desta doenza que afecta en Galicia a preto de 70000 persoas.

Este ano retómase a andaina solidaria que congrega ao redor de 300 persoas en cada edición que ten como obxectivo sensibilizar, visibilizar e reclamar máis recursos e investigación para unha enfermidade neurodexenerativa en alza. No ano 2050 estímase que se triplicará o número de casos diagnosticados.

A IV Andaina Solidaria polo Alzhéimer celébrase o sábado 10 de setembro no Monte do Gozo e percorrerá as rúas da cidade pasando pola Praza do Obradoiro e rematando no Parque de Bonaval, no que se realizará un acto simbólico, ao carón da árbore da memoria, por todas as persoas con alzhéimer.

As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente no correo administracion@fagal.org ou no teléfono 981 595 121.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia