FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL firma o manifesto a favor dunha atención psicolóxica especializada e sociosanitaria aos adultos maiores en centros de día e residencias

O texto promovido polo grupo de traballo de Psicoloxía do envellecemento do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e asinado por varios colectivos piden unha atención psicolóxica especializada para os maiores en centros de día e residenicas.

17/03/2022 | Santiago de Compostela

O grupo de traballo de Psicoloxía do envellecemento do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPg) xunto  a sección de Interveción Social, a Asociación Galega do Sector da Dependencia (AGASEDE), a Asociación de Centros de Día de Galicia (ACDgal), a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL), a Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (SGXX), o Master Universitario de Psicoxerontoloxía (UB,UV ,USAL, USC) e a Asociación Española de Psicogerontología (AEPG) reiteran a necesidade e pertinencia de que os centros, unidades ou servizos especializados na atención psicolóxica aos adultos maiores sigan a ter a consideración de sociais.
 
Entre outras,  pídese que  a atención psicolóxica aos adultos maiores non debe de ser exclusivamente sanitaria, senon que debe dar unha resposta integral e cubrir ás necesidades mediante intervencións socisanitarias. Que existe unha especialidade con competencias para a atención desas persoas e que se recoñeza unha regulación profesional estable aos profesionais da Psicoloxía especializada na atención a adultos maiores.
 
Este manifesto a favor dunha atención psicolóxica especializada ven tras o coñecemento da circular enviada pola Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais da Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia. Nela, ínstase aos centros de día e dispositivos residenciais que prestan asistencia a adultos con diversidade funcional, a dar de alta aos servizos de Pscicoloxía no ´Registro de centros , servicios y establecimientos sanitarios´ de Galicia.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia