FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL entre as entidades seleccionadas para participar no programa MÁIS SOCIAL 2023-2024 da Fundación Barrié.

A federación será beneficiaria do Programa Formativo II e do Programa Conecta para actualización da páxina web.

 

03/04/2023 | Galicia

A Fundación Barrié desenvolve o Programa Máis Social dende 2011 con sucesivas actualizacións e ampliacións. O programa formativo ten como fin dotar ás entidades sociais galegas das competencias precisas para unha xestión sólida e adaptada á unha realidade en constante cambio. Por outra banda o programa Conecta está orientado a mellorar a capacidade de comunicación on-line das entidades do terceiro sector.

 

A Federación Alzhéimer Galicia xa fora beneficiaria do Programa Formativo I e Conecta I en edicións anteriores con resultados inmediatos na organización e xestión da propia entidade.

 

O programa formativo II constará de seis sesións que abordarán temas que van dende a planificación estratéxica á xestión do talento das entidades pasando pola innovación e medición de impacto dos proxectos sociais. As sesións terán lugar cada dúas semanas na sede da Fundación Barrié na Coruña nos meses de abril, maio e xuño.

 

Por outra banda a páxina web www.fagal.org foi elaborada fai anos a través do programa Conecta e recibirá a través do programa Conecta II  unha actualización adaptada ós cambios tecnolóxicos desenvolvidos nos últimos anos.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia