FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Novas instalacións de AFAOR para a creación de Unidades Terapéuticas e Formativas

A ampliación realizouse grazas á colaboración da Fundación La Caixa

05/08/2024 | Ourense

AFAOR, tras adquirir un novo local na capital da provincia -na rúa Chano Piñeiro e no mesmo bloque no que se atopa as nosas instalacións-, pretende ampliar as prazas ofertadas, pasando das 100 actuais a 155 para finais de 2024, para poder dar así saída á importante demanda que, desde hai dous anos, estamos a recibir sobre os nosos servizos e que, a día de hoxe, empeza a saturar a nosa infraestrutura.
 
Concretamente, pretendemos crear novas unidades terapéuticas para a atención directa de enfermos de alzhéimer e persoas afectadas por outras patoloxías neurodegenerativas afíns, que achegue, á súa vez, un respiro para os seus familiares coidadores, aos que axudaremos paralelamente cun servizo de información e asesoramento psicosocial.
 
Neste centro xeraremos, ao mesmo tempo, un espazo para impartir formación sociosanitaria homologada de carácter dual que permita ao alumnado recibir unha capacitación teórico-práctica e poder traballar directamente con pacientes nas mesmas instalacións.
 
Isto será posible grazas ao proxecto de acondicionamento do novo local de AFAOR, iniciativa que conta coa inestimable colaboración de Fundación ”a Caixa”
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > AFAOR