FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Os obradoiros de Afaga Alzheimer regresan en setembro con novos servizos

Os obradoiros de Afaga Alzheimer volverán a estar activos este mes de setembro con novidades dentro dos seus servizos

25/08/2021 | Vigo

Despois dun merecido descanso durante o mes de agosto, os obradoiros de estimulación cognitiva para persoas con demencia da asociación Afaga Alzheimer renovaranse en todos os seus núcleos de actuación (Vigo, Ponteareas, Nigrán, Baiona, Mos, Tui, Salceda de Caselas e Redondela).

Ademáis, hai novidades dentro dos seus servizos e incorporouse un novo obradoiro de estimulación sensorial ou Snoezelen.

Novos grupos de “Cultiva a mente” en Gondomar

O programa “Cultiva a mente” volverá estar dispoñible no municipio de Gondomar. Contaranse cun total de dous grupos de entre 12 e 15 membros cada un. Están dirixidos a persoas maiores de 55 anos que desexen manter a súa mente activa.

Obradoiro de estimulación sensorial ou Snoezelen

Na sede de Atención Integral de Martínez Garrido (Vigo) habrá un novo obradoiro dispoñible de estimulación sensorial ou Snoezelen. Neste servizo exporanse unha serie de exercicios aos asistentes para relaxar o corpo e a mente. Con este obradoiro traballarase a percepción e a atención, funcións executivas, a confianza nun mesmo e a capacidade de decisión mentras proporciona unha sensación de benestar nos participantes. Estas sesións serán tanto individualizadas como en grupos reducidos. Está dirixido a usuarios do centro e a familiares ou coidadores dos mesmos.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA