FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAOR leva a cabo obradoiros de Estimulación Cognitiva e Rehabilitación Funcional para persoas con alzhéimer

Estos obradoiros desenvólvense nas comarcas de Ourense, O Ribeiro, O Carballiño e Celanova.

15/09/2021 | Ourense

Desde AFAOR levan a cabo unha terapia non farmacolóxica, de carácter individual e grupal, que vai dirixida a persoas diagnosticadas de demencia en fases iniciais da doenza.

Estes obradoiros son executados co obxectivo de manter as súas capacidades residuais e enlentecer o avance da enfermidade.

As intervencións executadas son Terapias de Psicoestimulación Cognitiva e Conductual de distintas áreas mentais (memoria, atención, cálculo, linguaxe, percepción, comprensión, comportamento, actitude), Psicomotricidade e Terapia ocupacional que se desenvolven nas comarcas de Ourense, O Ribeiro, O Carballiño e Celanova desde comezos de ano. A súa frecuencia é semanal e se extenderán ata o último trimestre do presente exercicio.

No que vai de 2021 AFAOR atendeu a máis de 130 persoas, a través de intervencións en centro, domiciliarias e a distancia, rexistrando un grao de participación do 95% respecto das previsións iniciais.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAOR