Noticias 

As obras realizadas polas persoas usuarias de AFAN Burela protagonizan unha exposición artística

A exposición, que se poderá visitar dende o 1 ata o 26 de febreiro, tamén contará coas obras de diferentes artistas do ámbito local e doutras zonas de Galicia

30/01/2020 | Burela

A exposición “SINAPSIS – Edición Mariña” chega ao municipio de Burela, onde ademáis das obras orixinais tamén se expoñerán cadros realizados polas persoas usuarias de AFAN Burela. Poderase visitar dende o 1 ao 26 de febrero na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.

O protagonismo desta exposición recae nas obras realizadas polas persoas usuarias da asociación AFAN Burela. Estas obras, realizadas coas mans e que buscan reflexar os sentimentos e os recordos de cada unha das persoas participantes na actividade, recóllense baixo o nome de “A memoria das mans”.

Ademais, tamén se poderán ver obras de diferentes artistas, tanto locais como doutras zonas de Galicia: Martín Lestao, Ignacio Castro, Nachok, Violeta Bernardo, Arturo Ceide, Crystilandia, Patricia Fernández Paz, Brais Fernández Vizcaya, Victorino Núñez, Manuel Conde, Cristina Basanta, Lucía Vila, Noé Blanco, Julián Bouza, Pedro Cabarcos, David Catá, Caxigueiro, Celso Dourado, Fátima Fernández, Juanel, Mauro Leivas, Adri Pardo, Alberto Pena e Pilar Rei.

Tres destes artistas participantes (Violenta Bernardo, Manuel Conde e Victorino Núñez), cederán a AFAN Burela as súas obras coa finalidade de recaudar fondos para a entidade.

Esta iniciativa parte de Córgomo Arte: unha asociación creada hai oito anos por Manuel Conde e Victorino Núñez que cada ano busca axudar a diferentes causas, creando conciencias e visibilizando a falta de recursos.

Este sábado, 1 de febreiro, será a inauguración ás 18:00h na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAN Burela