FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

O Grupo Parlamentario do Partido Popular reuníuse coa Federación Alzhéimer Galicia para afondar en proxectos de futuro

Na reunión, a Federación presentou as súas propostas para o desenvolvemento dunha estratexia transversal de demencias que as representantes populares valoraron positivamente

09/07/2020 | Santiago

Á reunión, que tivo lugar no Parlamento de Galicia, asistiron a Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, e a Deputada Encarna Amigo Díaz, por parte do Grupo Parlamentario Popular, e Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, Isabel Gey Pérez e José Manuel Fontenla Redondo, Presidente, Vicepresidenta e Secretario da Federación Alzhéimer Galicia respectivamente.

A Federación entregoulles o dossier de presentación da entidade, onde se detalla a traxectoria, a implantación e os programas que desenvolve a rede asociativa de familiares de persoas cunha demencia neurodexenerativa, e propuxéronselle proxectos de futuro como o Plan Autonómico de Demencias, o desenvolvemento das unidades terapéuticas das asociacións ou desenvolver programas de unidades terapéuticas en domicilio para manter o máximo posible ás persoas no seu contorno e facendo moito fincapé na importancia da prevención.

No encontro, as representantes do Partido Popular consideraron a importancia de desenvolver iniciativas na atención a persoas con alzhéimer e outras demencias de Galicia valorando as propostas como moi positivas comprometéndose a desenvolvelas.

Fotografía de arquivo.

Arquivada en: