FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Asociación de empresarios gallegos de Cataluña (AEGA-CAT) recoñece a labor solidaria da Federación Alzhéimer Galicia co premio Excelencia Galega

Isabel Gey, presidenta de FAGAL, ​​recogió el premio a la Excelencia Gallega en la categoría de Acción Solidaria en la gala celebrada en Barcelona el pasado 30 de junio.

03/07/2023 | Barcelona

A Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (Aega-CAT) homenaxeou a representantes do mundo da empresa, o emprendemento, a cultura, as artes, a ciencia e a medicina, a acción solidaria, o deporte e a comunicación. A entrega dos premios á Excelencia Galega contou coa presencia do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

 

O presidente de Aega-CAT, Carlos Fernández, indicou que os premios recoñecen a calidade humana, existosas traxectorias profesionais e o orgullo mostrado polos seus orixes das persoas premiadas. Cada premiado demostrou o seu compromiso cos seus valores e principios.

A Federación foi premiada na categoría de Acción solidaria e foi acompañada, noutras categorías polo director xeral de Supermercados Froiz, José María Froiz, Carlota Corzo, cofindadora da tecnolóxica Lazzaro, a xefa do grupo de melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas, María Soledad Soengas, Luís Zahera recoñecido na categoría de Artes e a futbolista Verónica Boquete na de Deportes. O premio de Comunicación recaeu na periodista Victoria Prego, en recoñecemento a toda a súa carreira.

Volver á páxina principal

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Colabora > Apoia coa túa firma > Accións pechadas > Titular de la acción 01
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia