FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

O proxecto Fundación Casablanca AFAGA recibe un Premio Solidario Grupo Social ONCE Galicia 2024

O premio pon en valor a labor da agrupación vocal Os Sons da Memoria

29/05/2024 | Vigo

O próximo día 5 de xuño, no Teatro Colón de A Coruña, o proxecto Fundación Casablanca AFAGA recibirá un dos Premios Solidarios Grupo Social ONCE Galicia 2024, na categoría de institución, organización, entidade ou ONG.

Para AFAGA este premio é un recoñecemento ao gran labor que realizan as persoas usuarias, coidadores, familiares, ademais de profesionais e voluntarios da asociación na agrupación vocal “Os Sons da Memoria”.
 
O obxectivo deste proxecto é estimular a memoria das persoas con demencia, interpretando cancións que forman parte das súas vidas, tendo en conta que a memoria musical é unha das últimas en sufrir o deterioro.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia