FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Quen somos?

A Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias, tamén coñecida como Federación Alzhéimer Galicia ou FAGAL é unha entidade sen ánimo de lucro nada en 1998 da unión de varias asociacións de familiares de persoas con alzhéimer de Galicia.

A día de hoxe FAGAL está composta por 15 asociacións galegas de alzhéimer, que suman máis de 5.000 familias e que prestan múltiples servizos a través de 260 profesionais do sector sociosanitario. Ademais é a entidade de referencia en Galicia en materia de alzhéimer e outras demencias.

Na actualidade FAGAL desenvolve os seus propios programas baseados principalmente na divulgación, sensibilización e formación de familiares de persoas con algunha demencia neurodexenerativa. A razón de ser da Federación Alzhéimer Galicia son as nosas asociacións e o nosos traballo vai encamiñado o desenvolvemento asociaciativo tanto da propia federación como das entiedades membro que permita posicionarnos como referentes a nivel autonómico e estatal na atención do alzhéimer e doutras demencias . Por este motivo FAGAL sirve de fio conductor tanto de comunicación como de coordinación coas asociacións Federadas.

Ademais FAGAL tamén é un axente de incidencia social na relación coa sociedade en xeral e coas administraciones públicas.

OBXECTIVOS

  • Representar e ser portavoz do conxunto de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia, nascuestións que sexan competencia federada.

  • Promover o desenvolvemento e cumprimento dos fins das asociacións integradas en FAGAL.

  • Defender os dereitos e o cumprimento dos deberes das distintas asociacións federadas, sen perxuízo da lexitimación que corresponde a cada unha delas.

  • Prestar a todas as asociacións federadas asesoramento e axuda nos temas vinculados ós fins da Federación.

  • Promover actuacións destinadas a mellorar a situación das familias e unha mellor atención ás persoas afectadas.

  • Reclamar das autoridades e organismos públicos a creación dunha infraestrutura de apoio (psicolóxico, axuda a domicilio...) ás familias e unha atención continuada, integral e interdisciplinar para as persoas afectadas.

  • Reclamar a creación de centros específicos para a atención destas persoas afectadas.

  • Promover a realización por parte da Administración Pública dun censo de persoas afectadas de alzhéimer existentes en Galicia.

  • Desenvolver actividades de sensibilización social respecto á problemática que esta enfermidade provoca.

  • Colaborar con outras organizacións semellantes, provinciais, autonómicas, estatais ou doutro país, que participen total o parcialmente dos fins desta Federación, en aquelas cuestiones que sexan de interese mutuo.

      Imprimir