Rede paraugas interxeracional
Divulgamente é un proxecto de sensibilización interxeracional enmarcado no Programa “Rede Paraugas Alzhéimer” levado a cabo pola Fundación Barrié en colaboración coa Federación Alzhéimer Galicia desde o ano 2013.
Desde - Hasta: - Actualmente
Divulgamente é un proxecto de sensibilización interxeracional enmarcado no Programa “Rede Paraugas Alzhéimer” levado a cabo pola Fundación Barrié en colaboración coa Federación Alzhéimer Galicia desde o ano 2013. O seu obxectivo é mostrar dunha maneira próxima e dinámica que son as demencias e como afectan o cerebro, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.
A actividade está dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos da rama sociosanitaria e este ano desenvolverase nas localidades da Ferrol, Vigo e Carballo.
- Charla divulgativa en formato online “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo neurólogo Carlos Spuch, quen explicará, de forma dinámica e contextualizada na actual situación sanitaria e social, que son as demencias, porqué prodúcense e cal é a diferenza entre os diferentes tipos de demencias, entre outros temas.
- A Sensibilización na aula é a segunda fase deste proxecto na que profesionais da asociación de referencia acoden ao centro educativo (no caso de non ser posible a realización presencial da actividade, realizaríase en formato online) para explicar as actividades, terapias e protocolos que se realizan desde as asociacións para atrasar o avance da enfermidade e mellorar a calidade de vida da as persoas con alzhéimer e as súas familias.
- Por último, e para pechar o círculo, o alumnado fará unha Visita a un centro de alzhéimer para coñecer de primeira man as actividades que se realizan, sendo participe delas durante a visita. (No caso de non ser posible a realización presencial da actividade por circunstancias sanitarias, realizaríase en formato en liña).
A inscrición pode realizarse aquí ata o 1 de outubro de 2021.
Financiamento: Fundación Barrié
Periodo de execución: Ano 2021 - 2022
Cidades nas que se leva a cabo este programa:
- Ferrol
- Vigo
- Carballo