Noticias
Relatos solidarios co alzhéimer grazas a Cinco Palabras
A Asociación de Escritores Solidarios Cinco Palabras destina o mes de xuño á Federación Alzhéimer Galicia.
22/06/2022 | Santiago de Compostela
A asociación Cinco Palabras é unha unión de escritores solidarios que cada mes axuda a unha causa social, a través dun xogo literario.
Un dos agasallos que recibiu a Federación Alzheimer Galicia despois de coñecer que a escritora Raquel Hermida destinaría parte dos beneficios do seu libro ¡Hay que andar! foi saber que ela pertencía a unha asociación de escritores solidarios que visibilizaría o labor da Federación durante o mes de xuño.
Deste xeito, Mar Olayo, presidenta de Cinco Palabras, acompañounos na presentación do libro ¡Hay que Andar! que tivo lugar a principios de xuño en Santiago de Compostela. Na xornada Mar Olayo explicou en que consistía o xogo literario que realizaban cada mes: escribir un relato con 5 palabras elixidas por unha persoa vinculada a causa, nesa mesma orde, sen poder variar xénero nin número e cunha extensión máximo 100 palabras. Nesta ocasión a encargada de escoller as cinco palabras foi Isabel Gey, presidenta de FAGAL, que seleccionou as seguintes:
ALZHEIMER, CUIDADO, PACIENCIA, PREVENCIÓN e GESTIONAR
Unha vez rematado o mes a asociación fai unha recompilación de tódolos relatos escritos e edita un volume en pdf que pode mercarse por un prezo de 10€ que irán destinados á Federación Alzhéimer Galicia.
Como podes participar?
-
Escribe o teu relato coas cinco palabras:
ALZHEIMER
CUIDADO
PACIENCIA
PREVENCIÓN
GESTIONAR
- Lembra que non podes variar a orde das palabras nin o seu xénero e número.
- Extensión máxima do relato 100 palabras.
- Escribe o teu relato aquí no apartado comentarios.
Desde a Federación Alzhéimer Galicia queremos agradecer tanto á autora do libro Raquel Hermida como a Mar Olayo.
O libro ¡Hay que andar! podédelo mercalo aquí ou nas vosas librerías.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia