FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Representación galega no VIII Congreso Nacional de Alzhéimer organizado por CEAFA

A Federación Alzhéimer Galicia xunto coa asociación AFABER e AFAL Ferrolterra expuseron os seus traballos en Huesca.

21/11/2019 | Huesca

Os días 14, 15 e 16 de Outubro celebrouse en Huesca o VIII Congreso Nacional de Alzhéimer organizado por CEAFA e que contou con representación galega chegada desde a Federación Alzhéimer Galicia e as asociación AFABER  e AFAL Ferrolterra.

Nel a Federación expuso dous posters: o primero, sobre a reflexión estratéxica realizada o pasado ano que axudou a valorar o traballo realizado e definir novos obxectivos, e outro, sobre os 20 anos de FAGAL como Federación referente na atención ó alzhéimer en Galicia.

Pola súa banda, AFAL Ferrolterra, expuso o seu programa interxeracional “Mestres e aprendices da vida”, nel as historias de vida de persoas en estadios iniciais da enfermidade de alzhéimer son contadas a nenos e nenas quenes as convirten en debuxos, para finalmente, coñecer os verdadeiros protagonistas das historias.

Á presentación do congreso asistiu a Reina Sofía que, xunto con Cheles Cantabrana, presidenta de CEAFA , coñeceu os posters presentados por todas as entidades participantes, entre eles os da Federación Alzhéimer Galicia.

 

Arquivada en: