Noticias
AFAN Burela e AFA Viveiro reúnense coa dirección e Servizo de Neuroloxía do Hospital Público da Mariña
Ambas entidades presentaron os servizos que ofrecen nos seus centros terapéuticos e propuxeron unha colaboración activa entre ambas partes
14/12/2021 | Burela
Na mañá de onte, as Asociacións de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Viveiro (AFA Viveiro) e Burela (AFAN Burela) mantiveron unha reunión coa Directora do Hospital Público da Mariña, Dna. María José Cortés Canay, e un representante do Servizo de Neuroloxía, D. Víctor Nogueira Fernández.
A través desta reunión, D. José Amador Fernández Pérez e Dna. Ana Solloso Tiagonce (presidente e coordinadora de AFA Viveiro), así como Dna. Estefanía Varela Casas e Dna. Gema Fernández Rey (Presidenta e coordinadora de AFAN Burela), tiveron a oportunidade de presentar os servizos que ofrecen nos seus centros terapéuticos ás persoas con Alzheimer e ás súas familias a prol da mellora da súa calidade de vida así como de expoñer todos aqueles temas que consideraron de interese como a importancia da detección precoz e a derivación nas fases iniciais da enfermidade.
Dende a dirección do Hospital Público da Mariña e o Servizo de Neuroloxía mostráronse dispostos a seguir colaborando activamente coas dúas entidades a través da difusión de información e derivación de pacientes recén diagnósticados.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAN Burela