FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAPO mantén unha xuntanza co equipo de Neurología del CHOP de Pontevedra

Coñecer o traballo que realiza AFAPO en materia de atención ás persoas con demencia e as súas familias e establecer lazos de colaboración foi o motivo da xuntanza

25/11/2021 | Pontevedra

Esta semana AFAPO, representada polo Presidente José M. Fontenla, a Traballadora Social Ana Agís e o Director do Centro de Día, Marcos Fontenla, estiveron reunidos co equipo de Neuroloxía do CHOP de Pontevedra, compuesto por 12 facultativos, visita realizada gracias a invitación de estos.

Esta visita ten como obxectivo a presentación das actividades que desenvolve a asociación AFAPO ent oda a comarca de Pontevedra, desde as actividades que realizamos coas familias, as institucións e a sociedade en xeral. Así como a presentación das Terapias Non Farmacolóxicas que realizamos nos distintos centros terapéuticos.

Na reunión os representantes de AFAPO incidieron na importancia da derivación por parte do sistema sanitario á asociación de pacientes en fases iniciales da enfermidade, así como a importancia e a necesidade da creación das UNIDADES DE DEMENCIA nas distintas Áreas Sanitarias, que tanto tempo leva demandando a entidade pontevedresa.

Por parte dos facultativos, agradeceron a exposición do traballo que se realiza coas persoas con demencia e mostraron o seu compromiso de seguir colaborando de maneira directa con AFAPO.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAPO